Estatísticas Radioafeccionados 2008 - SETSI
Non pretendo facer interpretacións persoais sobre o motivo do acusado descenso do número de licenzas e autorizacións se o comparamos con anos anteriores. En calquera caso, si que me gustaría que quen non o tivese claro, entendera que unha grande parte dese descenso é virtual.
A ver se consigo explicarme mellor. Até a entrada en vigor do novo Reglamento de Estaciones de Aficionado (REA), moitos colegas eran titulares de 2 ou incluso 3 indicativos. Como o que contabilizan estas estatísticas son licenzas e autorizacións e non número de radioafeccionados, coa introdución da nova normativa, á hora de renovar, moit@s compañeir@s optaron por quedar cun só indicativo (de nova asignación ou un dos que viñan empregando até ese momento), para non ter que pagar os 180 e pico euros por indicativo para manter cada un deles. Na miña opinión esta regularización explicaría unha grande parte dese descenso en números absolutos.
Persoas Físicas (Radioafeccionados) | Asociacións Estacións colectivas | Asociacións Estacións desatendidas | TOTAL |
212 | 2 | 1 | 215 |
Añadir nuevo comentario