Añadir nuevo comentario
III Concurso VHF Pemento de Padrón
Chegan novas dun novo concurso na banda de VHF, modo FM. Persoalmente descoñecía a súa existencia e este ano resultarame imposible participar, pero aquí vos poño as bases, por se alguén se anima. Ao final podedes atopar un enlace para descargalas en formato PDF.
ASORAPA ------------ EA 1 RCI
3º CONCURSO VHF PEMENTO DE PADRÓN
Concurso organizado pola asociación de Radioafeccionados de Padrón co fin de promover a afección rexional aos concursos de VHF.
Data: Dende as 10:00 horas EA do día 14 de Xuño, até as 24:00 horas EA do día 15 do mesmo mes de 2008.
Frecuencia: Comprendida entre 145.300 a 145.575 MHz; FM. VHF. Recoméndase non utilizar 145.500 MHz por ser de chamada en móbil. PLAN DE BANDAS IARU 2006.
Chamada: CQ Concurso Pemento de Padrón seguido do distintivo de chamada da estación participante.
Intercambio:
-
As Estacións pertencentes a ASORAPA pasarán RA, incluída a Estación Especial EA1RCI.
-
As demais estacións pasarán RS (sinal) e a matrícula provincial (C, PO, LU, OU, etc.). En caso de participaren estacións estranxeiras, estas pasarán a letra identificativa do seu país.
A hora non é necesario pasala pero deberase anotar nas listas (hora local - EA).
Modalidade: FM.
Puntuación:Cada QSO, ou contacto valerá un punto, excepto os seguintes:
-
Os contactos realizados coas estacións asociadas a ASORAPA (pasarán RA) e outorgarán 3 puntos.
-
A estación especial EA1RCI que outorgará 5 puntos.
Os contactos poderanse repetir no cambio de día (horario local - 00:00 EA).
Para que un contacto cunha estación sexa válido, este deberá figurar polo menos en cinco listas.
Puntuación Final: Será a suma total dos puntos obtidos nos días de duración do Concurso.
Listas: Deberán confeccionarse en modo oficial URE (40 QSO por folla), indicando claramente as estacións contactadas, hora, data, intercambio e puntos; debendo achegar unha folla resumen na que conste o nome, enderezo e puntuación final reclamada.
Deberán ser enviadas antes do 30 de Xullo de 2008 ao enderezo:
ASOCIACIÓN DE RADIOAFECCIONADOS DE PADRÓN (ASORAPA)
R/Costanilla do Carmen s/n
15900 - Padrón (A Coruña )
*Rógase enviar coas listas nome completo e dirección para o envío dos Diplomas*.
Premios:
- Vencedor Absoluto: TROFEO
- Segundo Clasificado: TROFEO
- Terceiro Clasificado: TROFEO
Aos restantes participantes, entregaráselles un Diploma, sempre que realicen un mínimo de 10 contactos con distintas estacións das cales polo menos unha será “RA”
As Estacións pertencentes a ASORAPA non optarán a ningún premio nin diploma.
NOTA:
En caso de empate para “Vencedores”, o gañador será o operador que realizase o primeiro contacto coa estación especial EA1RCI, ou na súa falta, para o que antes realizou o último contacto da súa lista.
Estacións Asociadas a ASORAPA: EA1CVP, EA1GA, EA1FDI, EA1EHW, EA1GIB, EA1GIJ, EC1DBO, EC1AEU, EB1IZD, EB1EAE, EB1GEU, entre outras.
Disposición Final: As decisións que puidese tomar ASORAPA serán inapelables.
Adjunto | Tamaño |
---|---|
IIIPementoPadronVHF.pdf | 0 bytes |