Regaliño de Nadal - 1296MHz dende IN61

Aínda que sexa cun pouco de atraso, tal e como suxeriramos no verán por radio a algúns colegas e de xeito público no foro da URE (segue o fío), a EE1URO volve á carga xusto antes do sorteo de lotería de Nadal.

O vindeiro domingo pola mañá estaremos activando IN61 na banda de 1296MHz. Podedes concertar citas picando na pestana 'Contacto' desta web para enviarnos un correo electrónico. Levaremos trastes para ter unha frecuencia de referencia en 2m, pero non levaremos unha antena excesivamente grande.

Para que non haxa suspicacias de ningún tipo, a continuación achegamos a documentación que nos habilita para levar a cabo esta actividade. Como podedes comprobar, solicitouse unha modificación da autorización temporal que nos permitiu operar toda a tempada de concursos nesta banda desde IN62GE. Como dicía unha canción (de 'No me pises que llevo chanclas'? Laughing) ... Documentación, los papeles del camión. O dito, como a Autoridade competente non nos puxo ningún atranco [...]. A bo entendedor, poucas palabras bastan.

 



Que Vds. o contacten ben. 73!

Añadir nuevo comentario