4º Concurso VHF - UHF ARAM

Imagen de eb1wm
Gallego

Outra información que nos chega a través de EA1AEN é a celebración do 4º Concurso VHF - UHF organizado pola Associação de Radioamadores do Alto Minho (ARAM).

Este concurso celebrarase o día 10 de maio próximo, nas modalidades de FM e SSB, nas bandas de 2m, 70cm e 23cm, dende as 12 ás 21 horas UTC.

Este 'formato curto' de concurso é moi interesante para subir ao monte e facer probas sen as necesidades loxísticas de calquera concurso do Campionato URE. Ademáis, para incentivar a participación de estacións EA, os colegas da ARAM teñen previsto un trofeo para o melhor radioamador espanhol na clasificación xeral. Xa sei que para vós que vos gusta a radio isto non é incentivo, pero aí queda iso.

Bases e máis información se picas aquí.

Añadir nuevo comentario